Palestra-Autodeterminación dos pobos
O vindeiro xoves, 9 de outubro terá lugar a palestra Autodeterminación dos Pobos, organizada pola plataforma cidadá ECOAR))). A cita será ás 20:00h., na cafeteria De Catro a Catro (r/ Girona 16, Vigo). No transcurso desta palestra representantes de diversas agrupacións políticas e sindicatos conversarán sobre o dereito á autodeterminación dos pobos, aportando distintos puntos de vista, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla, directa e actual do concepto da autodeterminación, especialmente presente na axenda política e cidadá debido aos procesos consultivos postos en marcha no actual contexto europeo.
Para tal fin, participarán nesta palestra xs seguintes representantes:
- Henrique Viéitez Alonso (BNG)
- Fernando Rodríguez Carpizo (CNT)
- Ricardo Castro (CUT)
- Ángel Enrique Abalde (Esquerda Unida)
- Victoria Reboiro (Partido da Terra)
- Carmen Santos (Podemos)
- Inicie sesión o regístrese para comentar
- Imprimir
- 1602 lecturas
- Enviar a un amigo