Published on Alasbarricadas.org (http://alasbarricadas.org/noticias)

Inicio > [GZ] Piden oito meses de cadea para un piquete da CNT-Compostela pola folga do 14-N

[GZ] Piden oito meses de cadea para un piquete da CNT-Compostela pola folga do 14-N

Enviado por anonerror (no verificado) en Sáb, 16/11/2013 - 21:10

O vindeiro Martes 19 de Novembro celébrase o xuízo contra o noso compañeiro Xurxo, detido na folga xeral do 14 de Novembro do pasado ano. A petición do ministerio fiscal é de oito meses de prisión e un mes de multa por un suposto atentado contra axente da autoridade.

A detención producíuse no contexto dos piquetes da CNT e CUT no Polígono do Tambre en Compostela, onde durante unha carga policial o noso compañeiro foi violentamente detido e falsamente acusado de atentar contra un axente da autoridade.
Hai que lembrar tamén que en relación con esa folga foron detidos, meses despois, tres compañeir@s mais, que aínda están pendentes de xuízo.

Desde a CNT de Compostela rexeitamos frontalmente esta farsa policial e chamamos ao conxunto da clase traballadora a concentrarse na porta dos xulgados das Fontiñas o vindeiro día 19 ás 9:30 horas en protesta polo xuízo-farsa ao que someten ao noso compañeiro.

Tags: 
14n represión [1]
Enlaces relacionados / Fuente: 
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1638

Source URL: http://alasbarricadas.org/noticias/node/26915

Links:
[1] http://alasbarricadas.org/noticias/taxonomy/term/3123