[GAL] Néstor Makhno, umha lenda revolucionária / Néstor Makhno, unha lenda revolucionaria
O 27 de outubro de 1889 nascia em Guliaipolé Néstor Makhno, que chegaria a ser umha lendária figura revolucionária. Explotado dende a sua infância, deu-se aginha conta de injustiças existentes na sociedade. Achegou-se ao movimento libertário e participou na Revoluçom Rusa de 1905. O regime zarista represaliará a sua atividade revolucionária, acabando na prisom de Butyrka, em Moscova. Neste cárcere, entrará em contacto co anarquismo através de Arshinov.
Coa chegada da Revoluçom de Fevereiro, é liberado junto a outras moitas prisioneiras. Trás isto, voltará à sua localidade natal, onde levará adiante um gram labor militante. Impulsou assim umha uniom de campesinhas, umha comuna livre e um sóviet local.
Posteriormente, levara-se adiante açons de expropiacións de terras. Trá-la ocupaçom polas tropas da Triple Aliança, Makhno foi o encargado de organizar um Comité Revolucionário para criar corpos de defensa contra as potências invasoras. Em junho de 1918, Makhno dirigirá-se a Moscova, onde se entrevistará con Kropotkin e Lenin. No mes seguinte, voltou a Guliaipolé, pero foi arrestado polas forças austroalemás. Porém, foi liberado graças a um rescate dum benefator.
Ao seu regresso, fundou umha companhia revolucionária militar para levar adiante labores de agitaçom e de guerrilha. Nascia assim o Exército Negro. Parte da motivaçom desta açom devia-se à dura repressom que se cenhiu cara o povo ucraniano trás a cessom por parte do Governo Bolchevique das terras aos impérios autrohúngaro e alemám no Tratado de Brest-Litovsk. O Exército Negro contava cumha estrutura democrática, na que se eligiam os cargos, a sua integraçom era voluntária e baseava-se na disciplina consentida, é dizer, partindo as normas de disciplina dende as estruturas de base do exército.
O Exército Branco, formado por elementos contrarrevolucionarios, levou adiante umha ofensiva a finais de 1918, sendo comandado por Denikin.
Num princípio, o Exército Negro contou co apoio das forças bolcheviques, já que viam nel um aliado contra o Exército Branco à vez que a força makhnovista tinha independência de Moscova. Com todo, ante a força que estava a acadar, as autoridades bolcheviques começam a desconfiar das anarquistas. Makhno e as suas partidárias serám perseguidas, momento que aproveita o Exército Branco para organizar umha ofensiva que tomará Guliaipolé. Malia a gran resistência e victorias das forças makhnovistas, o Exército Branco logra penetrar ao sur de Rusia. Neste momento, Makhno aproveita a situaçom para cortar os suministros das forças dirigidas por Denikin. Isto será um dos fatores que causará a retirada destas forças a Crimea.
Trás esta situaçom, o Exército Vermelho ocupa Ucrânia em primavera de 1920 e trata de impor todas as políticas provintes de Moscova, onde atopa resistência por parte das forças libertárias. Ante isto, o Exército Vermelho toma Guliaipolé e reprime às loitadoras anarquistas.
Porém, no verão de 1920, o Exército Branco, invade Ucrânia, o que força às autoridades bolcheviques a assinar um acordo co Exército Negro para expulsar às forças contrarrevolucionárias.
Trás lograr com éxito este objetivo, as autoridades bolcheviques começarom a repressom das militantes anarquistas en novembro de 1920. Néstor Makhno abandona Ucrânia em agosto de 1921. Establecerá-se em París. Durante o seu último tempo de vida, formará parte junto a outras anarquistas exiladas de Rusia de Dielo Truda. Nesta publicaçom fará fincapé na necessidade da organizaçom e da autodisciplina no movimento libertário. Nasce assim o anarquismo plataformista, herdeiro de parte da tradiçom do anarquismo organizado prévio e das experiências da Revoluçom rusa. Defendendo estas posturas debatirá com célebres anarquistas, como é o caso de Errico Malatesta. Assim mesmo, chegará a entrevistar-se com integrantes da FAI.
Faleceu o 24 de julho de 1934, dous anos antes da Revoluçom Social de 1936, na que tinha postas grandes esperanças. Coa sua morte, perdeu-se um individuo que logrou forjar umha lenda entre as massas populares e organizar toda umha revoluçom e resistência.
O 27 de outubro de 1889 nacía en Guliaipolé Néstor Makhno, que chegaría a ser unha lendaria figura revolucionaria. Explotado dende a súa infancia, deuse axiña conta de inxustizas existentes na sociedade. Achegouse ao movemento libertario e participou na Revolución Rusa de 1905. O réxime zarista represaliará a súa actividade revolucionaria, acabando na prisión de Butyrka, en Moscova. Neste cárcere, entrará en contacto co anarquismo a través de Arshinov.
Coa chegada da Revolución de Febreiro, é liberado xunto a outras moitas prisioneiras. Tras isto, voltará á súa localidade natal, onde levará adiante un gran labor militante. Impulsou así unha unión de campesiñas, unha comuna libre e un sóviet local.
Posteriormente, levarase adiante accións de expropiacións de terras. Trala ocupación polas tropas da Triple Alianza, Makhno foi o encargado de organizar un Comité Revolucionario para crear corpos de defensa contra as potencias invasoras. En xuño de 1918, Makhno dirixirase a Moscova, onde se entrevistará con Kropotkin e Lenin. No mes seguinte, voltou a Guliaipolé, pero foi arrestado polas forzas austroalemás. Porén, foi liberado grazas a un rescate dun benefactor.
Ao seu regreso, fundou unha compañía revolucionaria militar para levar adiante labores de axitación e de guerrilla. Nacía así o Exército Negro. Parte da motivación desta acción debíase á dura represión que se ceñiu cara o pobo ucraniano tras a cesión por parte do Goberno Bolchevique das terras aos imperios autrohúngaro e alemán no Tratado de Brest-Litovsk. O Exército Negro contaba cunha estrutura democrática, na que se elixían os cargos, a súa integración era voluntaria e baseábase na disciplina consentida, é dicir, partindo as normas de disciplina dende as estruturas de base do exército.
O Exército Branco, formado por elementos contrarrevolucionarios, levou adiante unha ofensiva a finais de 1918, sendo comandado por Denikin.
Nun principio, o Exército Negro contou co apoio das forzas bolcheviques, xa que vían nel un aliado contra o Exército Branco á vez que a forza makhnovista tiña independencia de Moscova. Con todo, ante a forza que estaba a acadar, as autoridades bolcheviques comezan a desconfiar das anarquistas. Makhno e as súas partidarias serán perseguidas, momento que aproveita o Exército Branco para organizar unha ofensiva que tomará Guliaipolé. Malia a gran resistencia e victorias das forzas makhnovistas, o Exército Branco logra penetrar ao sur de Rusia. Neste momento, Makhno aproveita a situación para cortar os suministros das forzas dirixidas por Denikin. Isto será un dos factores que causará a retirada destas forzas a Crimea.
Tras esta situación, o Exército Vermello ocupa Ucraína en primavera de 1920 e trata de impor todas as políticas provintes de Moscova, onde atopa resistencia por parte das forzas libertarias. Ante isto, o Exército Vermello toma Guliaipolé e reprime ás loitadoras anarquistas.
Porén, no verán de 1920, o Exército Branco, invade Ucraína, o que forza ás autoridades bolcheviques a asinar un acordo co Exército Negro para expulsar ás forzas contrarrevolucionarias.
Tras lograr con éxito este obxectivo, as autoridades bolcheviques comezaron a represión das militantes anarquistas en novembro de 1920. Néstor Makhno abandona Ucraína en agosto de 1921. Establecerase en París. Durante o seu último tempo de vida, formará parte xunto a outras anarquistas exiliadas de Rusia de Dielo Truda. Nesta publicación fará fincapé na necesidade da organización e da autodisciplina no movemento libertario. Nace así o anarquismo plataformista, herdeiro de parte da tradición do anarquismo organizado previo e das experiencias da Revolución rusa. Defendendo estas posturas debatirá con célebres anarquistas, como é o caso de Errico Malatesta. Así mesmo, chegará a entrevistarse con integrantes da FAI.
Faleceu o 24 de xullo de 1934, dous anos antes da Revolución Social de 1936, na que tiña postas grandes esperanzas. Coa súa morte, perdeuse un individuo que logrou forxar unha lenda entre as masas populares e organizar toda unha revolución e resistencia.
- Inicie sesión o regístrese para comentar
Imprimir
- 1047 lecturas
Enviar a un amigo