¡Alerta!! Detencións en Compostela, A Coruña e Ourense en relación aos incidentes polo desaloxo do Escárnio o 30 de maio

Informa o infame Disnomia para Abordaxe!

Actualización 15:40 · URXENTE!: CONVOCATORIAS PARA ESTA TARDE EN SOLIDARIEDADE COAS DETIDAS.

Recibimos e espallamos  varios chamados a concentracións en apoio ás compañeiras detidas hoxe polos sucesos acontecidos en relación ao desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer o pasado 30 de maio.

18951318_780548715449554_1872572989155089909_nEn Compostela convocan ás 20:30 da tarde na Praza do Pan [Aprázase a hora ás 20:30 para non cadrar coa concentración polas persoas refuxiadas no Toural ás 20:00]

En Vigo convocan ás 20:30 na Praza da Princesa

En Lugo convocan ás 20:30 na Praza Maior.

En A Coruña convocan ás 16:30 nos Xulgados (Rúa Monforte, S/N)

En Ourense convocan ás 20:30 na Praza do Ferro.

En A Guarda convocan ás 20:30 na Praza do Reló.

En Ferrol convocan ás 20:30 diante da Fundaçom Artábria (Travesía Batallons, 7)

Actualización 15:30 · Os falsimedios sobre a represión de hoxe.

Segundo comezaron a informar xa os falsimedios da prensa do poder (eu atopei a nova na Coz, que a estas alturas xa terán recibido a información dos seus amiguiños policías), as 9 detencións realizadas hoxe (2 en Ourense, 2 en A Coruña e 5 en Compostela) terían que ver cos disturbios que tiveron lugar na tarde do 30 de maio nas rúas do casco vello de Compostela, tras o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer.

Polo que dixo a prensa, as persoas detidas terían sido trasladadas aos xulgados de Compostela, en Fontiñas, para ser interrogadas polo xuíz. Por agora, seguimos sen saber cales son exactamente os cargos na súa contra, aínda que La Coz xa sacou a lingua a pacer afirmando que a todas atribuiríanselles danos en cristaleiras e caixeiros de bancos.

Permanecemos á espera de información que, a poder ser, proceda de fontes afíns e fiables.

Actualización 13:15 · Comunicado do Organismo Popular Antirrepressivo Ceivar

Polícia espanhola está a praticar detençons ligadas aos protestos do Escárnio

En estes momentos polo menos cinco pessoas venhem de ser detidas, tres em Compostela e mais duas em Corunha. Mas o número pode ser maior, segundo informan pessoas solidárias também se estám a produzir identificaçons pola rua. Em estes momentos já há um grupo de pessoas concentrando-se diante dos julgados de Fontinhas pedindo explicaçons sobre a situaçom das detidas.

Frente a repressom, solidariedade!

Actualización 13:00 · Continúan as detencións

Segundo informacións chegadas de última hora, outra persoa tería sido detida en Ourense, e tamén en Compostela teríanse producido máis arrestos. A cifra podería ter ascendido a 8 persoas (insistimos en que trátase de información que chega a un ritmo un tanto frenético e isto pode dar lugar a erros ou equívocos, pedimos desculpas de antemán nese caso).

Captura de pantalla de 2017-06-20 13-05-33

Aínda non contamos con información dabondo, pero segundo foron informando distintas fontes activistas ao longo da mañá, parece confirmado que entre 5 e 6 persoas foran detidas hoxe nas cidades de Compostela e A Coruña. Algunhas desas persoas foron detidas no portal da súa casa.

A información, polo momento, é escasa. Con todo, a organización independentista BRIGA xa publicou na súa conta do Twitter varias mensaxes nas que fala de varias membros da súa organización que foran detidas. Outras persoas non ligadas a BRIGA tamén terían sido detidas.

Mentras agardamos máis información que aclare as acusacións e os motivos desta nova onda represiva, enviamos forza e solidariedade ás persoas detidas. E ao resto de activistas e militantes, moito coidado.

A represión delata o medo do amo!

Especial: 
Anti represivo
Enlaces relacionados / Fuente: 
Escarnio, desalojos, Ley Mordaza
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org