[GAL] Javi Guerrero en huelga de hambre en A Lama

PRESO EN FOLGA DE FAME EN A LAMA

 

 

Javier Guerrero, preso dende fai 11 anos, declarouse en folga de fame o 12 de decembro de 2014. A súa reivindicación é clara: que non se suspenda o permiso ordinario que ten concedido para o 30 de decembro.

 

O centro penitenciario de A Lama impúxolle unha sanción, que foi recorrida, por unha suposta falta de tenza de obxecto proibido, en relación a un walkman que lle prestaran, e desobediencia aos funcionarios. Automaticamente suspenden o permiso ordinario que ten concedido para este nadal (proceder bastante común na administración dos cárceres).

 

Javi leva 10 nadais sen estar coa súa familia e, a pesares de ter disfrutado de varios permisos sen incidencias, queren volver deixalo sen ver aos seus seres queridos. É outro claro exemplo de como a institución penitenciaria non busca a rehabilitación e inserción progresiva do preso senón o puro castigo, saltándose así o deber constitucional que teñen de orientar a execución da pena hacia a rehabilitación das persoas presas.

 

Javi é integrante da campaña Cárcere=Tortura, un preso en loita e por isto o cárcere reprímeo. A pesares de ter cumprido 2/3 da condea, de ter contratos laborais esperándoo fóra, de ter unha filla pequena que coidar, a pesares dos permisos... seguen sen progresalo a terceiro grao, sen deixarlle coidar da súa nai enferma, da súa filla pequena, seguen sen facilitar un seguimento efectivo da enfermidade crónica que padece, seguen sen deixar que de novo entre no mundo laboral, seguen, á fin e ao cabo, sen deixarlle comezar a recuperar a súa vida, e agora pretenden que non estea coa súa familia nestas festas.

 

Javi sabe que significa esta decisión, xa fixo outra folga de fame que se tornou en folga de sede no ano 2012 en Zaragoza polos abusos e torturas en prisión, sabe que non vai ser fácil nin que vai ser curta, pero está decidido a non pasar por alto esta nova inxustiza e vulneración de dereitos d@s pres@s.

 

 

A loita dxs presxs é a loita de tod@s!!!!

 

ÁNIMO JAVI!!!!

 

 

Coordinadora Anticarcelario Cárcel=Tortura -grupo de Galicia Sur

 

 

 

COMUNICADO DE FOLGA DE FAME INDEFINIDA DE JAVI GUERRERO

 

 

PARA TODXS XS COMPAÑEIRXS:

 

 

Calar cando sabemos que temos razón é o que nos fai covardes aos/ás humanxs”

 

 

Ola a todos/as xs chabales/as da campaña. Son Javier Guerrero Carvajal e atópome en A Lama dende fai case xa 3 anos, aínda que varixs compañeirxs me coñecen en persoa por “Javi de Cádiz” ou “Gaivota de Cádiz”.

 

Quero dicirvos que sinto moito a situación que nos está tocando pasar, pero que isto non pode ser eterno. Quero que teñamos presente ao meu bo amigo (que me presentou a campaña), o cal por desgracia non está xa entre nós, EUGENIO GARCÍA SERRANO alias GABIOTO, que loitou ata o último día, con quen tiven o pracer de compartir primeiro grao. Dígovos que era todo un campión e guerrilleiro coma o que máis a pesares dos seus anos e o seu estado, froito de tanto tempo de peche. Deixounos unha grande pegada porque, aparte de bo amigo, sempre estaba para sacarche un sorriso cando fose.

 

Este recordatorio a Gabi é porque o merece e porque decidín comezar outra folga de fame indefinida. Toda persoa que me coñece sabe que dende a paliza que me deron en Zuera e a folga de fame que realicei de 62 días e a de fame e sede que realicei a continuación, tras o cal ingresei máis dun mes por fallo multiorgánico, especialmente polos riles, quedei bastante mal. Agora sacáronme a 2º grao pero me están volvendo facer malos informes e todo iso que ben sabemos para que non saia.

 

Pola miña parte, dicirvos que vou manterme en pé mentres o meu corpo ature, que cando chegue ese día, cambiarei a miña folga de fame por unha de fame e sede e que sexa o que deus queira, porque vou para adiante. Quizais isto me pase unha factura demasiado grande, pero todo sexa por algo xusto e sacar á luz as “vinganzas pobres” que aquí se fan e que todxs aturamos coma verdadeirxs campións/as.

 

Así que moitos ánimos para todxs.

 

Para atrás nin para coller impulso!!!!!!

 

Un cordial saúdo dun gaditano canso xa de ver e soportar inxustizas nos meus 11 anos preso.

 

 

Especial: 
Anti-carcelario
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org