[Galiza] II ENCONTRO ANARQUISTA NOROESTE DECEMBRO 2012
Carta aberta a colectivos e individualidades anarquistas do noroeste ibérico
Son numerosas as experiencias de luita que se están a desenvolver dentro do ámbito libertario. Dende Ferrol ata A Guarda, pasando pola Corunha, Pontedeume, Santiago, Lugo, Cangas, Ourense, Ponteareas, Vigo, Leon, Asturias, Zamora, Salamanca, Ponferrada, Norte de Portugal… coñecemos xente luitando na mesma dirección de varios xeitos. Somos muitos os que traballamos cuns principios como son o asamblearismo e a horizontalidade, o rexeitamento á colaboración cos axentes do capital e a súa careta democrática.
Vivimos tempos extraños, tempos de dominación e rebeldía, de sumisión e axitación. Non só o noso “territorio” máis cercano está convulso, por todo o mundo xurden espontáneamente e se desenvolven luitas antiautoritarias.
Nós como anarquistas temos algo que dicir e moito que facer, as nosas sociedades están sufrindo violentas transformacións, a violencia policial e laboral cada día é máis evidente, as sentencias e condeas por furtos e delitos políticos cada día máis comúns, xs pobres, xs obreirxs, por necesidade ou vocación, seguen roubando, rebelándose, axitándose.
Non é unha idea nova que nos xurda a nós, levamos un ano coordinarnos dende diferentes puntos do noroeste pra tomar contacto, puntos de encontro onde poder reflexionar e desexablemente, xerar unha ferramenta que nos permita traballar xuntxs primando o que nos une, e deixando o que nos poda separar para o traballo persoal de cada unhx.
Propoñemos realizar un encontro anarquista no Centro Social Okupado da Corunha (rio quintas, 29 Palavea) salvo hipotético desaloxo, (nese caso buscaríamos outro lugar) datas 6, 7 e 8 de decembro.
Unha posibilidade, aberta a cambios e debate sería:
Xoves 6 20h Presentación do CSO Palavea e roteiro polo interior
Posteriormente, cea de benvida.
Venres 7
11:00h, comezo “formal”, 1ª toma de contacto, presentación de “quenes estamos” e proxectos que estamos
realizando. Ponencias dos diferentes colectivos e proxectos existentes.*.
14:00 h, comida e repouso**.
16:00h, Xogo de fortalecemento grupal, resistencia “brazos unidos” fronte a un desaloxo policial.
17:00h, Continuación das ponencias da mañán. Estratexia e loita Anarquistas
20:00h, Campionato de tiragomas
Posteriormente cea e tempo libre***
Sábado 8
11:00 h, debate reflexivo, ¿organizacion e anarquismo?
14:00h comida e repouso.
16:00h Taller de “posturas estresantes”
17:00h, debate reflexivo; “Continuación do debate matutino. Orientación práctica”
20:00h, peche e despedida.
*entendemos que todos os debates-reflexivos realizaránse de xeito asambleario e horizontal. Así mesmo, gustaríanos que todos os asistentes prepararan unha reflexión sobre o traballo realizado ata o momento.
**as comidas serán veganas
***a xente que desexe participar nos encontros ten total liberdade pra realizar calquer acción en canto non falte o respeto a ningun/ha compañeirx, non somos prohibicionistas nin catequistas, pero esperamos que a xente entenda estes encontros coa sincera vontade de aportar ideas e xerar un pensamento colectivo realizando un esforzo mental, si os porros ou o alcohol te supoñen un inconvinte para discernir lucidamente quizáis sería o teu “fin de semana de descanso”, que cada un/hx coñecéndose valore as súas posibilidades.
Cremos que todxs xs partipantes debemos ser capaces de autoxestionar coletivamente o tema das comidas, así como de acondicionar o lugar. O tema da limpeza do entorno é cousa de todxs.
O tema dos costes de alimentación podería solventarse da seguinte maneira, desayunos 2€, comidas 3€, cenas 3€. Poremos un bote cercano ao comedor. Lamentamos recurrir a isto pero os nosos recursos evidentemente son limitados. No caso de posibles beneficios, acordamos destinalos a cubrir os gastos da cobertura legal en Galicia.
Haberá sitio para quen desexe acampar ou durmir baixo teito, máis non esquezades o saco.
Confirmade a vosa asistencia o máis cedo posible.
Os debates propostos son provisionais, así que se tes algunha proposta que consideres interesante incluír no programa envíadenola

- Inicie sesión o regístrese para comentar
Imprimir- 1053 lecturas
Enviar a un amigo












![Portal Anarquista norteamericano [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/infoshop.png)
![Portal Anarco-Comunista [internacional]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/anarknet.png)
![Portal Anarquista [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/libcom.png)
![Noticias para anarquistas [inglés]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/anarchorg.png)

![Cruz Negra Anarquista [Péninsula e Islas]](http://www.alasbarricadas.org/common/img/banners/cna.png)






