Página 1 de 1

A CNT facendo sindicalismo sen liberados.

Publicado: 28 Dic 2004, 10:18
por Gollum
A Federación Local da CNT de Compostela fixo entrega onte, día 27, na oficina do Valedor do Povo de cinco escritas denunciando a chamada “Normativa sobre utilización das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións na Universidade de Santiago de Compostela”, aprobada polo Consello de Governo o pasado 22 de xullo, e que se pode consultar na páxina web da USC no apartado “Normativa, Protección de datos persoais e uso das TIC”. A CNT opina que o actual equipo de governo da USC quere, con esta normativa, frear polas malas o ambente hostil que fomentou co seu xeito de actuar do que tan so citaremos unhas “perlas” como a negativa a investigar qué pasou realmente na USC para que fiquemos agora nunha situación económica calamitosa, ou a apertura de dous expedentes a un traballador do PAS (Persoal de Administración e Servizos) que foron retirados tan caprichosamente como foron instruídos, amosando deste xeito un errático proceder e unha capacidade ilimitada para xerar mal ambente entre o conxunto de traballadoras e traballadores da USC, ou a declaración de “ilegal” dunha folga convocada en tempo e forma e anunciada no Diario Oficial de Galiza con seus servizos mínimos e todo.
Según se pode ler no artigo 4, Actividades prohibidas, ponto d, fica proibido difundir manifestacións ou referencias “incorrectas”, sen que a Reitoría teña a ben aclarar qué entende por tal: cecáis resulte incorrecto dicer que é preciso garantir unha investigación independente sobre as causas e os responsábeis da actual situación económica da USC?. Ou resultará tamén incorrecto afirmar que a Reitoría desatou unha persecución contra un traballador da USC?.
No artigo 14, Uso do correo electrónico, ponto 5, afirma-se que “os usuarios e administradores das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) velarán polo segredo das comunicacións sen prexuizo das potestades que lle asisten á USC para acceder aos equipos e sistemas”. Eis, pode ou poderá a USC entrar nos buzóns de correo electrónico e ler as mensaxes que se envían ou se receben?. Qué garantías ofrece a USC sobre o segredo das comunicacións?. Neste mesmo artigo, o ponto 6 exclue de xeito significativo o uso do correo electrónico para sindicatos ou seccións sindicais que non teñan representación sindical, o que pode equivaler á proibición do uso dos tradicionais tabuleiros nas empresas. A liberdade de expresión e o direito a realizar actividades sindicais nun centro de traballo non depende da obtención ou non de delegados sindicais, do mesmo xeito que o exercício das actividades políticas non depende da obtención ou non de parlamentários, deputados provinciais ou conselleiros e, portanto, tampouco depende do capricho dunhas autoridades académicas incapaces de entender a acción sindical na empresa, nen da opinión/oposición dos sindicatos e burócratas sindicais que manteñen en pe estruturas de liberados que non a rañan con cargo aos presupostos do Estado, Concellos, Deputacións ou Universidades, e que teñen presionado para que sindicatos como a CNT, que rexeita o actual marco de representación sindical e non se apresenta ás elecións sindicáis, non poidan exercer os seus dereitos nen vexan legalizadas as seccións sindicais que impulsa coa oposición do novo sindicalismo vertical, porén se disfrace como “moderno anarcosindicalismo”.
No artigo 13, Internet, ponto 2, pode ler-se: “En ningún caso deberá accederse a direccións de Internet de contido ofensivo ou atentatorio contra a dignidade humana, podendo a Área TIC da USC detectar e filtrar dito acceso”. Cómo “deteta e filtra” a Área TIC o acceso?. Hai instalado xa algún programa informático específico ao respeito?. Cómo se chama dito programa?. Cándo foi instalado?. Lesiona algunha garantía constitucional sobre a reserva e privacidade das comunicacións persoais?. Con qué garantías se fai?. Qué autoridade académica ten responsabilidades neste asunto?. A USC ten definidas qué páxinas web ou qué enderezos da Internet “atentan contra a dignidade humana” e posue, por tanto, un tesaurus ao respeito?.
Estas son, resumidas, as cinco escritas apresentadas pola CNT.

Publicado: 28 Dic 2004, 11:04
por Glotonete
Hola compañero,
Quieres que todos nos enteremos o solo es para los compañeros galegos?
Si es para todos, porfa traduce, sino pos na.

Publicado: 28 Dic 2004, 18:45
por Frodo
¿Presentar cinco "escritas" es tu concepto de sindicalismo "sin liberados"? Qué ridículo eres, Gollum.

Publicado: 28 Dic 2004, 19:27
por Gollum II
No,es más complicado, pero veo que lo que más te duele es que se te recuerde que el sindicato ese en el que militas tiene liberados y recibe subvenciones. Veo que continúas como siempre por el camino del insulto. Da igual. Nosotros, a lo nuestro. A defender a l@s trabajador@s, como dijiste ayer con mucho acierto.
Te leeré en La Campana.

Publicado: 29 Dic 2004, 08:47
por Anonimo
Siguiendo este intercambio de mensajes entre personajes de la literatura, creo entender sino me equivoco que hay una discusión entre modelos de sindicalismo.
Entiendo que Gollum defiende que un sindicato puede ejercer como tal (y en todas las instancias) sin necesidad de tener empleados a sueldo, ni liberados a tiempo total. Coincido plenamente con esto.
En le banco donde trabajo, los más impresentables, los más vagos, los más pelotas y los más..... son los dichosos liberados sindicales.
Los de la CGT parecían mejores, pero han terminado afiliando a lo peorcito de CCOO y empiezan a repetir esquemas. La CNT no tiene sección sindical por lo que no puedo opinar.

Publicado: 30 Dic 2004, 13:23
por Orco
Pues creala tu compañero.
El primer paso hacia cualquier tipo de emancipacion, es asumir al cienxcien,y apechugar, con nuestros actos y decisiones.
No esperes a que te coloquen una seccion "enrrollada".Hazla tu y pelea por que asi sea.
Salud.

Publicado: 30 Dic 2004, 19:17
por Rosa de Foc
Esos personajes literairos, cortad ya la enganchada de siempre o la cortaremos nosotr@s por lo sano.

Es lógico que exista un debate polémico e incluso duro habiendo varios modelos de sindicalismo. Pero basta ya en este foro del rollo de "vosotros tal y tú más" ¿No se puede hablar de ningún tema sin que volvais a lo mismo?

Publicado: 30 Dic 2004, 19:28
por Sauron
¿Qué rayos tiene que ver La Campana con todo esto?

Publicado: 31 Dic 2004, 09:50
por Invitado
Rosa, no se quequieres decir, como si todas fueramos iguales...