[pdf] Abordaxe! Revista Anarquista nº7 – X Aniversario – Outono 2018

abordaxe-7.jpg

Descargar: http://abordaxe.org/wp-content/uploads/2018/11/Abordaxe-web-definitivo.pdf.

As piratas embarcadas na nave da Editorial Abordaxe! presentamos un novo exemplar da nosa revista que, tras unha década de traxectoria, fai o seu nº 7.

Neste número viaxamos alén do Atlántico, reflexionamos sobre a grandeza e as miserias da liberdade, falamos sobre a situación política de Catalunya e o papel das anarquistas, lembramos historias de piratas, revoltas e okupacións… Pero tamén visitamos a Illa de Arousa na procura da súa esencia anárquica e aínda sacamos tempo para escribirlle a persoas presas, ler contos e moitas cousas máis!

Estamos en trámites de poñer exemplares desta revista en formato papel en diferentes espazos da xeografía galega e mundial para facilitar súa distribución. Se alguén ten unha distri e quere axudar a difundila que escreba a abordaxe@bastardi.net . Ao final desta entrada podedes consultar a listaxe deses lugares, que iremos actualizando a medida que se confirmen. Tamén estamos dispostas a achegarnos a calquera lugar a facer presentacións do novo número.

Premendo sobre a imaxe que acompaña este texto e que ilustra nosa portada do Abordaxe! revista anarquista nº7 teredes acceso gratuíto ao pdf desta nosa revista (e tamén a túa), da que vos adiantamos acá seu ben completo índice:

    • Editorial
    • A esencia anárquica da Illa de Arousa x Adrián Barros Castromán e Javier Lamoso Iglesias
    • A ocupaçom da Yago e suas vidas posteirores x Roi Ribeira
    • A revolta compostelá de 1136 x Pabliño
    • Entrevista a Translurpies
    • Como facer o teu propio spray de pementa
    • Catalunya e as anarquistas x Ruymán Rodríguez
    • Grandeza e miseria da miña liberdade x Pedro García Olivo
    • Consellos para escribirlle ás persoas presas
    • Historia da piratería en Galiza x Pabliño
    • Soidade x Simpero
    • Moral e racionalidade x Eli Z
    • Entrevista a três espaços anarquistas do território sul-americano
    • Manuel Antonio e o Estado
    • Tribulaçons dum velho tripulante x Tussi-tussi Edu

PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN:

A Coruña:

Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa Gil Vicente 17)

Compostela:

CSA de Sar (Rúa Curros Enríquez 28)

Taberna O Pozo (/Ruela das Ánimas 1)

Lugo:

CS Mádia Leva (Rúa Serra de Ancares 18)

Bodegón A Fouce (Rúa Ramón Montenegro 2-4)

Pontevedra:

Distribuidora Anarquista Polaris (distripolaris@riseup.net)

A Guarda:

CS Fuscalho (paseo marítimo, xunto a Atalaia)

Lisboa:

Livraria Tortuga (Rúa Penha de França 217)

Porto:

*Por confirmar*

Descargar Fanzine / Revista:
Descargar Fanzine / Libro Descargar documento
Aviso Legal  |  Política de Privacidad  |  Contacto  |  Licencias de Programas  |  Ayuda  |  Soporte Económico  |  Nodo50.org