Página 1 de 1

Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga

Publicado: 29 Abr 2011, 17:42
por Urkijo
Mañá, sábado 30 de abril, celebrarase no Concello de Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar, co resultado de sentenza a pena de morte en 1937.
O acto está organizado polo Concello de Toques en colaboración coa familia de Delfino Liñeira Fraga e o Proxecto 'Nomes e Voces' .

O programa do acto é o que segue:

18:30 - Ofrenda floral no Lugar de Piñeiro.

19:00 - Conferencia impartida por Emilio Grandío, Profesor da Universidade de Santiago e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'.


'A represión franquista: Delfino Liñeira'

20:00 - Remate musical.

Axuntamos o cartaz da xornada.

Agardamos que este acto sexa de interese, e que poidamos contar coa vosa asistencia.


Saudade.

Re: Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga

Publicado: 29 Abr 2011, 17:43
por Urkijo