Sobre a palestra
Durante os dous últimos anos, os conductores e conductoras de TMB (Transports Metropolitans de Barcelona) estiveron inmersos/as nun conflicto pola consecución de melloras laborais, sendo a reivindicación máis destacada os 2 dias de descanso semanais.
Este conflicto tivo unha serie de características que o converten nunha experiencia que merece a pena coñecer. En primeiro lugar, porque se recuperou a assemblea de traballadores/as coma único espacio de decisión. Creouse un comité (“comité de descansos”) encargado de levar as decisións da assemblea á mesa de negociación, superando as siglas sindicais de aqueles que se sumaron (os sindicatos amarelos, e as cúpulas de aqueles controlados por liberados, quedaron á marxe). Recuperouse non só a decisión, senón tamén a acción directa. E buscáronse alianzas con outras/os traballadoras/es, e cos colectivos e organizacións sociais da cidade.
A presenza estes días en Vigo de algúns deses traballadores implicados de xeito directo nas mobilizacións, permitirannos coñecer de primeira man ese proceso, e debater sobre os seus diferentes aspectos.
Ademáis, poderán informarnos da actualidade das mobilización contra a nova suba no transporte urbano que se están comezando a organizar en Barcelona.
Charla en Vigo sobre Folga de Autobuses de Barcelona
Charla en Vigo sobre Folga de Autobuses de Barcelona
Gasto Militar para o 2010: 23.115,03 millóns de euros. O que fai un 12,47 % dos Orzamentos Xerais do Estado.
Re: Charla en Vigo sobre Folga de Autobuses de Barcelona
Aportemos a nuestras organizaciones de clase, a la construcción popular en nuestros lugares de trabajo, de estudio, en nuestros sectores profesionales, en nuestros barrios y pueblos, en todos los espacios donde estemos presentes.
EL PUEBLO AVANZA CON ORGANIZACIÓN Y UNIDAD DE LOS QUE LUCHAN
EL PUEBLO AVANZA CON ORGANIZACIÓN Y UNIDAD DE LOS QUE LUCHAN